A ordenación forestal sostible fai fincapé na función que desempeñas os bosques e a súa ordenación para asegurar a biodiversidade e sostibilidade do medio ambiente.
Aínda que xa se deron os primeiros pasos neste senso, é necesario acadar un maior compromiso mediambiental, social e económico para protexer os nosos bosque fonte os seus principais riscos e ameazas.
|
A través do estudo e análises do estado natural, legal forestal e económico das distintas masas forestais, IBERFOREST proporciona os seus xestores completos informes técnicos de xestión mediambiental para a pota en marcha de Plans de Actuación Forestal que garanten unha xestión sostible e un aproveitamento óptimo.
|
 |
Tradicionalmente os traballos forestais véñense desenrolando por equipos de operarios con escasa dotación tecnolóxica e ferramentas moi rudimentarias. Nesta liña IBERFOREST leva anos investigando a aplicación das tecnoloxías da información na xestión do medio natural e desenrolou unha Plataforma Tecnolóxica coa que é posible analizar estatisticamente unha gran cantidade de variábeis mediambientais.
|
A súa adaptación as características dos bosques españois fana idónea para traballar cas especies autóctonas da Península Ibérica, Baleares e Canarias. O estudo e explotación de toda esta información permítenos coñecer a realidade do terreo e planear as actuacións máis favorables para unha xestión sostible e un desenrolo da biodiversidade da zona.
|